A Primeira FEB trae mañá ao Paco Paz unha cita de grande importancia. O Cloud.gal Ourense Baloncesto recibe ao Caja Rural Zamora ás 19:00 horas nun encontro determinante para seguir pelexando polos obxectivos da tempada.
O conxunto ourensán afronta o partido coa intención de dar continuidade ao seu traballo e sumar unha vitoria que permita seguir avanzando na clasificación. Nun tramo esixente da liga, cada encontro cobra un valor especial e require o máximo nivel de concentración e compromiso durante os corenta minutos.
En fronte estará un Caja Rural Zamora que chegará disposto a competir e a esixir o mellor do COB, nun duelo no que os detalles e a consistencia marcarán o desenvolvemento do partido.
O Paco Paz volverá ser un factor clave. O equipo precisa do seu equiPAZO desde o primeiro segundo, co apoio constante das bancadas para empurrar en cada acción e converter o pavillón nun escenario determinante.
Este sábado, máis ca nunca, xogamos todos.
Podes ver a rolda de prensa de Moncho López a continuación.
VOLVEREMOS, E TI XA ESTABAS