A Primeira FEB leva mañá ao Cloud.gal Ourense Baloncesto ata Mallorca, onde se medirá ao Palmer Basket Mallorca ás 18:00 horas nun novo compromiso ligueiro.
O conxunto ourensán afronta unha nova saída coa intención de volver a senda do triunfo a base de traballo e xogo colectivo e seguir sumando nunha liga marcada pola igualdade. Fóra da casa, cada partido esixe máxima concentración, capacidade de adaptación e continuidade no xogo durante os corenta minutos.
En fronte estará un Palmer Basket Mallorca que pouco ten que ver co que pasou polo Paco Paz ao principio da tempada e que competirá ante a súa afección. Os nosos terán que ofrecer unha versión sólida en todos os aspectos do xogo para tratar de traer a vitoria de volta.
O encontro preséntase como unha nova oportunidade para recuperar as mellores sensacións, certificar a permanencia e, por que non, seguir soñando.
Podes ver a rolda de prensa de Moncho López a continuación.
VOLVEREMOS, E TI XA ESTABAS