DSC_6817

O Cloud.gal Ourense Baloncesto volve ao Paco Paz para medirse ao Flexicar Fuenlabrada

Cloud.gal Ourense Baloncesto disputa mañá ás 19:00 horas no Pazo dos Deportes Paco Paz un novo compromiso de liga ante o Flexicar Fuenlabrada, nun encontro esixente ante un rival de entidade.

O conxunto ourensán regresa á súa casa coa intención de ofrecer unha versión sólida e competitiva diante da súa afección. O Paco Paz continúa a ser un escenario especial, onde o equipo medra co impulso das bancadas e onde cada partido se converte nun reto compartido entre xogadores e seareiros.

En fronte estará un Flexicar Fuenlabrada cunha plantilla con moito talento en todas as posicións, capaz de elevar o ritmo do encontro e de castigar calquera desaxuste. Será necesario manter a concentración durante os corenta minutos, coidar os detalles e impoñer intensidade dende o salto inicial.

O partido preséntase como unha nova oportunidade para seguir consolidando o traballo do grupo e reforzar o camiño competitivo na liga.

Mañá, máis ca nunca, o equipo precisa do seu Pazo. O apoio, a enerxía e a presión das bancadas poden marcar a diferenza nun duelo desta esixencia.

Podes ver a rolda de prensa de Moncho López a continuación:

VOLVEREMOS, E TI XA ESTABAS

Photograph .