Black Friday na nosa tenda online a partir do venres

No COB queremos que vos vistades coas nosas cores e, desta maneira, poremos en marcha o 'Black Friday' na nosa tenda online (tienda.clubourensebaloncesto.com) na que contaredes cun 15% de desconto en tódolos nosos produtos.
Os descontos comezarán o venres dende as 12:00 e estiraranse no tempo ata a próxima semana. Para que o desconto se aplique, soamente tedes que utilizar o código “BLACKFRIDAY2022"
Que cousas terán desconto? Todas as desta temporada 22/23!:
- Primeira y segunda equipación
- Suadoiro con capucha (ámbalas dúas)
- Camiseta reversible
Xa sabedes, vestirse do COB sairavos máis barato nos próximos días!