COB e UD Ourense únense de cara a partidos desta campaña

30 de Noviembre del 2022
Comparte

Pasou o ano pasado…e este non ía ser menos!

O noso clube e a Unión Deportiva Ourense chegaron a un novo acordo polo cal os afeccionados de ambos conxuntos poderán acceder a encontros do outro deporte retirando unha entrada con só presentar o seu carné.

No noso caso, o encontro ao que os afeccionados ao fútbol poderán entrar sen coste, será este mesmo venres ás 21:00 coa visita do Cáceres Patrimonio de la Humanidad e, como indicamos, ditos afeccionados sóamente terán que persoarse nas nosas oficinas do Pazo co seu carné da UD Ourense. Con isto, entregarémoslle a correspondente entrada.

Con este acordo recíproco, os nosos afeccionados poderán ir a un encontro de fútbol que se dispute no Couto ao longo da tempada nunha data que se determinará nas vindeiras semanas.

Para o COB é unha honra voltar a chegar a este acordo e seguir tecendo lazos cos equipos da nosa cidade! Afeccionados da UD Ourense, agardámosvos no Pazo!

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Ver política de Cookies.
Aceptar