Medran os apoios, medra a ilusión
O Club Ourense Baloncesto segue coa campaña de empresas e establecementos colaboradores despois de presentala na última reunión do Club de Empresas.
O novo dosier publicitario foi un éxito dende o día da súa presentación ofrecendo novos soportes publicitarios e novos tipos de patrocinio que están a ter moita aceptación por tódala cidade e, en tan só duas semanas, xa hai máis de trinta novas empresas e establecementos que se suman ás, xa habituais, colaboradoras do Club.
Co obxectivo de seguir medrando ano tras ano, o Club quixo dar un pasiño máis ofrecendo espazos rompedores e novedosos como o zépelin, os sofás VIPS ou a visita da mascota aos establecementos que se suman ás iniciativas do ano pasado. Vir ao Pazo durante a tempada 2024-2025 non será só presenciar un partido de baloncesto, se non que se disfrutará dunha experiencia diferente.
Ademais, o Club Ourense Baloncesto está a traballar en novas actividades para involucrar á comunidade e aos seus seguidores a través da organización de eventos especiais, como días temáticos co fin de fortalecer aínda máis os lazos coa súa afección.
O Club Ourense Baloncesto convida a todas ás empresas interesadas a unirse a esta iniciativa e a formar parte dunha tempada que promete ser inesquecible tanto dentro coma fóra da cancha. Con cada colaboración, estase a construír un proxecto máis sólido e ambicioso, que non só busca o éxito deportivo, senón tamén o fortalecemento da comunidade ourensá a través do baloncesto.
#EnchamosOPazo
#ForzaCOB