Así queda o calendario do Club Ourense Baloncesto para a tempada 2024-2025

23 de Julio del 2024
Comparte

No día de hoxe, a Federación Española de Baloncesto deu a coñecer o calendario para a próxima tempada da nova Primeira FEB 2024-2025.

Participarán os 18 equipos inscritos que xogarán durante oito meses un total de 34 xornadas. Os partidos que xoguemos como locais no Paco Paz manterán os horarios do ano pasado, o sábado as 19:00 horas, pero compre salientar que este horario pode verse modificado por motivos televisivos.

Comezaremos a nova campaña a fin de semana do 27 de setembro recibindo a un dos acabados de ascender á categoría, o Odilo FC Cartagena CB, no Pazo dos Deportes Paco Paz e remataremos a tempada ante o mesmo equipo do ano pasado, o Guuk Gipuzkoa Basket o 9 de maio, pero desta vez fóra da casa.

“Nunha liga regular onde hai que xogar contra todos, as veces é difícil precisar se o calendario é benévolo ou non despois das 34 xornadas. Sí que é verdade que comezamos ante un dos recén ascendidos na casa pero creo que aquí hai que destacar o feito de comezar no Pazo máis que o rival ó que nos enfrontamos. Sempre é bonito que o primeiro partido sexa ante o teu público” comenta Moncho López sobre o calendario do COB para esta tempada.

PRIMERA VUELTA

Como datas máis interesantes para os cobistas, teremos o primeiro dos derbis ante Obradoiro CAB a fin de semana do 29 de decembro no Fontes do Sar e a volta no Pazo dos Deportes Paco Paz será a fin de semana do 16 de marzo no que serán dous dos partidos con máis seguimento da liga.

“Os derbis son sempre datas significativas para o baloncesto galego en xeral e para nós en particular. Rematar o ano xogando no Sar sempre é especial” continúa as súas declaracións Moncho.

SEGUNDA VUELTA

Por outra banda, tan so dúa semanas antes teremos a visita dun dos clásicos de España como é Movistar Estudiantes, que visitará o Pazo a fin de semana do 7 de marzo. Para rematar un mes de marzo completo, a fin de semana do 28 de marzo recibiremos a outro dos mellores equipos da Primeira FEB como é San Pablo Burgos. Para ver o outro descendido da ACB, Zunder Palencia, teremos que agardar ata a fin de semana do 22 de abril.

“No mes de marzo afrontamos, sempre en teoría, o noso “Tourmalet”, recibindo a tres dos, a priori, favoritos para loitar polo ascenso á ACB como son Estudiantes e San Pablo Burgos, ademáis de desfrutar o derbi no Pazo. Pero independentemente da entidade do rival, momento da temporada, datas...nós queremos ir partido a partido, sempre coa ambición de gañar sexa quen sexa o rival polo que tamén quero relativizar o factor calendario, casa, fora e entender que o noso equipo ten que ter marxe de crecemento ó longo do ano para chegar a esa parte final do ano da mellor forma posible” remata o adestrador cobista.

Con esto queda definido o camiño que terá que seguir o Club Ourense Baloncesto na agora denominada Primeira FEB.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Ver política de Cookies.
Aceptar