Taprega, empresa de prevención de riscos laboráis oficial do Club Ourense Baloncesto.

10 de Septiembre del 2024
Comparte

O Club Ourense Baloncesto e Taprega chegaron a un acordo de cara a esta campaña 24/25 e convertese así na empresa de prevención de riscos laboráis oficial do Club Ourense Baloncesto.

Taprega, situada en Rúa do Serán 2, Ourense, é unha empresa punteira no sector de prevención de risco alleo facendo a prevención de riscos laboráis accesible para tódalas empresas baseada na eficacia, calidade do servicio e cercanía cos clientes.

Con Taprega da man, todos os nosos xogadores pasaron o seus recoñecementos médicos ao comezo da tempada con tódalas garantías para afrontar esta campaña preparados para dalo todo.

O presidente do COB, Eduardo Villar, entusiasmado co acordo, sinalou: "Estamos moi satisfeitos de contar co apoio de Taprega. Xuntos seremos máis fortes e poderemos seguir impulsando o baloncesto na nosa cidade".

É un orgullo poder compartir camiño con Taprega, coa que nos unen os mesmos valores de proxecto de futuro e traballo en equipo co que mellorar cada día.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Ver política de Cookies.
Aceptar