O Club Ourense Baloncesto e o Colexio de Economistas de Ourense chegan a un acordo de colaboración.
Durante a mañá de hoxe Roberto Carnero, en representación do Club Ourense Baloncesto, Carmen Sampayo, decana do Colexio de Economistas de Ourense e Juan Antonio Santamaría Rodríguez, secretario xeneral do Colexio de Economistas de Ourense, asinaron un acordo de colaboración para a presente tempada.
Este acordo permitirá a realización en conxunto de diferentes actividades durante todo o ano, así como facilidades para os afiliados que queran facerse socios do Club Ourense Baloncesto.
Esta iniciativa é un paso máis de cara a seguir medrando en masa social e ter unha maior presenza na sociedade ourensana.
Estamos moi orgullosos de poder anunciar este acordo co Colexio de Economistas de Ourense e agardamosvos no Paco Paz desfrutando xuntos dos éxitos acadados.