O Club Ourense Baloncesto volve ao Pazo ante Homs UE Mataró no terceiro partido de Copa España

13 de Septiembre del 2024
Comparte

O Club Ourense Baloncesto enfrontarase a Homs UE Mataró no partido correspondente á xornada 2 da Copa España mañá sábado ás 17:30 horas no Pazo dos Deportes Paco Paz.

Volve o baloncesto ao Pazo no que será o primeiro partido dos de Moncho López ante a sua afección e que se espera que xa sexa unha festa dende o día un.

O equipo cobista chega cunha carga considerable de traballo pero o adestrador espera que a afección supla ese cansanzo cos seus folgos.

Samu Rodríguez será baixa para este partido por mor dunhas molestias no nocello.

Podes escoitar as verbas de Moncho López na rolda de prensa previa ao encontro a continuación.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Ver política de Cookies.
Aceptar