O Club Ourense Baloncesto buscará a quinta vitoria ante Inveready Gipuzkoa
O Club Ourense Baloncesto enfróntase, mañá sábado ás 18:30 horas no Paco Paz, a Inveready Gipuzkoa no encontro correspondente á xornada 5 da Primeira FEB.
Tras unha semana atípica de adestramento tralo encontro de Copa España, o COB quere darlle unha nova alegría á súa afección nun partido moi complicado.
Enfrontaranse a primeira contra a terceira mellor defensa da liga nun duelo que, a priori, terá a Gipuzkoa tratando de impor un ritmo lento, con posesións largas e poucas canastas e un Ourense que tentará romper ese ritmo para poder correr e desenvolver o seu xogo.
Podes ver a rolda de prensa de Moncho López a continuación.