O Club Ourense Baloncesto sofre a primeira derrota da tempada ante Inveready Gipuzkoa
O Club Ourense Baloncesto cae derrotado ante Inveready Gipuzkoa por 76-83 na xornada 5 da Primeira FEB.
Unha mala primeira parte condena ao Club Ourense Baloncesto que tratou de reaccionar demasiado tarde e viu como se lle escapaba a quinta vitoria consecutiva ante un gran Inveready Gipuzkoa.
Comezaba o partido e a ambos equipos custáballe anotar e coller o ritmo mais pouco a pouco o equipo visitante ía afinando a punteria e castigaba aos locais dende a liña de tres, mentres que o COB tentaba aferrarse ao encontro con penetracións e canastas de dous puntos. Pero o acerto visitante non baixaba e con 5 triplas anotadas no primeiro cuarto dominaba no marcador por 18-23.
Comezaba o segundo cuarto e o Club Ourense Baloncesto non encontraba o camiño ao aro mentres que Inveready Gipuzkoa seguía co festival dende o perímetro para marcharse no marcador ata os 15 puntos de vantaxe cun parcial de 3-13, o que obligaba a Moncho López a pedir tempo morto para reconducir a situación. Pero o equipo local seguía sen atoparse na pista, ás veces precipitado en ataque, e non conseguía encadear varias accións positivas que o devolvesen ao partido. Ao final 29-45 para encarar o tunel de vestiarios e 20 minutos por diante para buscar a reacción.
O descanso activaba aos de Moncho López que saían cunha marcha máis e xa conseguían competir de ti a ti a un Inveready Gipuzkoa que non lle perdía a cara ao partido a pesar da intensidade local. Os parciais mantíñanse igualados, Gipuzkoa tiña o partido baixo control e conseguía imporse tamén neste parcial por 19-22 para ter 19 puntos de diferenza e o partido casi senteciando con tan só 10 minutos por xogarse.
Pero o Club Ourense Baloncesto non dixera a última palabra e saíu en tromba para anotar un parcial inicial de 14-0 e voltar de novo ao encontro cun Paco Paz volcado cos seus. Os de Moncho remaban contracorrente e contra o tempo para tentar darlle a volta ao marcador ata achegarse aos 4 puntos de distancia tirando de épica. Mais unha falta, máis que rigurosa, en ataque de Krikke con posterior triple do conxunto visitante mataba as esperanzas cobistas e sentenciaba o partido. Ao final 76-83 para a primeira derrota da tempada.
O seguinte encontro será o próximo sábado no Paco Paz ás 19:30 horas ante CB Morón.
Fotos: Carlos Domarco