A afección cobista escolleu a Isaac Vázquez como MVP Estrella Galicia do mes de xaneiro, recoñecendo o seu gran traballo e a súa importancia no rendemento do equipo durante o primeiro mes do ano.
O xogador ourensán deu un paso adiante nun tramo esixente da tempada, aportando intensidade, equilibrio e compromiso en cada minuto sobre a pista. A súa enerxía contaxiou ao grupo, sendo clave tanto en tarefas defensivas como nas accións decisivas en ataque.
Máis aló dos números, Isaac destacou pola súa entrega, pola súa capacidade para competir cada balón e polo sentimento de pertenza que transmite en cada partido. Un exemplo de traballo diario e de conexión coa bancada.

O xogador quixo agradecer o apoio da afección cobista e o respaldo dos seus compañeiros e do corpo técnico, subliñando o orgullo que supón recibir este recoñecemento xogando na casa.
Parabéns, Isaac, polo teu MVP Estrella Galicia do mes de xaneiro.