WhatsApp Image 2026-02-07 at 19.37.37 (1)

O Cloud.gal Ourense Baloncesto recibe ao Movistar Estudiantes ás 18:00 horas

A Primeira FEB regresa mañá ao Paco Paz ás 18:00 horas cun deses partidos que marcan o calendario. O Cloud.gal Ourense Baloncesto recibe ao Movistar Estudiantes nun sábado especial, sábado de Entroido, nun escenario que mesturará competición, espectáculo e ambiente de festa.

No deportivo, o equipo afronta un reto de máxima esixencia ante un rival histórico da categoría. Un encontro que demandará intensidade, concentración e personalidade durante os corenta minutos. No Pazo cada posesión conta, cada defensa suma e cada detalle pode marcar a diferenza.

Pero mañá o baloncesto tamén virá acompañado de cor e diversión. Coincidindo coa celebración do Entroido, haberá concurso de disfraces nas bancadas para que a afección converta o Paco Paz nun auténtico desfile de creatividade. Queremos un Pazo cheo, ruidoso, irreverente e entregado. Un Pazo que empuxe.

O equipo necesita esa enerxía. A nosa xente marca diferenzas. Mañá máis ca nunca, o partido xógase tamén na bancada.

Competición e Entroido. Intensidade e festa.
Mañá o Pazo ten cita.

Podes ver a rolda de prensa de Moncho López a continuación.

VOLVEREMOS, E TI XA ESTABAS

Fotografía .