O Cloud.gal Ourense non puido sumar na súa visita ao CB Zamora nun encontro no que non logrou atopar continuidade nin en ataque nin en defensa. O equipo tivo bos momentos, pero non conseguiu manter unha liña constante ante un rival que foi máis sólido ao longo dos corenta minutos.
O inicio foi positivo para os de Moncho López, cun Romaro Gill moi dominante na pintura, anotando as primeiras canastras para poñer o 4-0. Rafa e Gabe mantiveron o ritmo ofensivo e Okanu tamén sumou preto do aro nun primeiro cuarto de intercambio constante. Isaac apareceu cun triple e Martin Fernández pechou o período cun 19-21 que reflectía a igualdade sobre a pista.

Co paso dos minutos, o CB Zamora foi atopando mellores sensacións e aproveitou varios erros para abrir diferenzas. O Cloud.gal Ourense intentou reaccionar da man de Rafa, con acerto exterior, e das achegas de Okanu, Sean e Isaac, que permitiron recurtar distancias antes do descanso (40-49).
Na segunda metade, o equipo non conseguiu dar continuidade á reacción. O CB Zamora mantivo un alto nivel de acerto e soubo castigar cada desaxuste, ampliando progresivamente a súa vantaxe. A pesar dos intentos de Gabe, Rafa, Romaro e Kingsley por manter ao equipo dentro do partido, a diferenza foi medrando co paso dos minutos.
Nos instantes finais, o Cloud.gal Ourense continuou competindo, con achegas de Seixas, Huguet, Isaac, Iglesias e Martin Fernández, pero a renda era xa demasiado ampla e o conxunto local controlou o encontro ata o 84-105 definitivo.

Derrota nun partido no que o equipo non estivo ao seu nivel habitual e no que lle faltou continuidade para poder pelexar pola vitoria ata o final.
Podes ver a rolda de prensa de Moncho López a continuación
VOLVEREMOS, E TI XA ESTABAS