Copa2

O COB busca reacción inmediata na Copa España ante o Class Bàsquet Sant Antoni en Ibiza

Club Ourense Baloncesto afronta este martes un novo compromiso da Copa España, visitando Ibiza para enfrontarse ao Class Bàsquet Sant Antoni, nun encontro no que o equipo buscará reaccionar con rapidez tras a derrota de onte.

O obxectivo é claro: pasar páxina e recuperar sensacións, mantendo o foco na identidade competitiva que o equipo vén construíndo nas últimas semanas. A Copa ofrece unha oportunidade inmediata para volver á boa versión, reforzar confianza e seguir medrando como bloque.

Enfronte estará o Class Bàsquet Sant Antoni, un conxunto que compite nunha categoría inferior pero que conta con xogadores de nivel, con calidade individual e capacidade para estar perfectamente na Primeira FEB. Un rival incómodo, con talento ofensivo e que esixirá ao COB manter intensidade, concentración e ritmo dende o inicio.

O partido presenta unha ocasión importante para volver conectar coa mellor versión do equipocoa ambición de seguir avanzando nesta competición.

Podes ver a rolda de prensa de Moncho López a continuación:

Fotografía .