PreviaX14

O COB quere pechar o ano ante Alimerka Oviedo da mellor forma posible

O Club Ourense Baloncesto xoga mañá ás 12:30 horas no Palacio dos Deportes de Oviedo ante o Alimerka Oviedo Baloncesto, no que será o último compromiso do ano. Tras dúas xornadas sen sumar, o equipo chega á cita coa intención de recuperar sensacións e ofrecer unha resposta sólida, apoiándose no traballo da semana e no compromiso colectivo para competir nunha pista esixente. En fronte estará un Oviedo intenso, con capacidade para castigar dende o perímetro e con ritmo alto de xogo, un perfil que obrigará ao COB a estar especialmente atento en defensa e a tomar boas decisións nos momentos clave. O encontro preséntase como unha oportunidade para despedir o ano cunha imaxe competitiva, nun partido que esixirá concentración, solidez e personalidade durante os corenta minutos. Podes ver a rolda de prensa de Moncho López a continuación: VOLVEREMOS, E TI XA ESTABAS

Fotografía .