ABONADOS EQUIPAZO2

O equiPAZO a polas seis finais no Paco Paz

O Cloud.gal Ourense Baloncesto entra na fase decisiva da tempada con seis partidos na casa que poden marcar o acceso ao playoff. Co obxectivo de reforzar o factor cancha, o club activa unha minicampaña de socios para converter cada encontro nun paso adiante colectivo.

Nas vindeiras semanas visitarán o Paco Paz o líder, o Leyma Coruña, así como a Tizona Burgos, o Caja Rural Zamora, o Alimerka Oviedo Baloncesto, Super Agropal Palencia e o Alega Cantabria. Rivais directos e partidos de máxima esixencia nun tramo no que cada vitoria pode resultar determinante.

O conxunto ourensán presenta un balance de 8 triunfos nos 10 encontros disputados como local, uns números que reforzan a importancia do apoio da bancada formando o equiPAZO.

Promoción especial ante o líder

A primeira gran cita será o mércores 11 de marzo ás 21:00 horas fronte ao Leyma Coruña. Para este encontro, cada socio poderá retirar nas oficinas do club dúas entradas polo prezo dunha (15€ as dúas), co obxectivo de presentar o mellor ambiente da tempada e encher o Paco Paz.

Abono “6 Finais na Casa”

Ademais, ponse en marcha un abono especial para os seis partidos restantes en Ourense, dispoñible desde o luns, cos seguintes prezos:

  • Maiores de 25 anos: 60€
  • De 15 a 25 anos: 30€
  • De 5 a 15 anos: 15€
  • De 2 a 5 anos: 5€

Ademais, cada socio que incorpore un novo abonado de 60€ recibirá como agasallo unha camiseta oficial de xogo (unidades limitadas).

Horarios especiais de oficina

Para facilitar a retirada de entradas e a xestión dos novos abonos, as oficinas abrirán a próxima semana tamén en horario de tarde, mércores e xoves de 15:30 a 19:00 horas, ademais do horario habitual de mañá.

Seis partidos. Seis finais. O obxectivo é claro: formar equiPAZO no Paco Paz para empurrar xuntos cara ao playoff.

VOLVEREMOS, E TI XA ESTABAS

Fotografía .