A Primeira FEB continúa mañá ás 20:30 horas no Palacio dos Deportes de Cartagena, onde o Cloud.gal Ourense Baloncesto afronta un novo compromiso ligueiro fóra da casa ante o Grupo Caesa Seguros Cartagena.
O equipo viaxa coa intención de manter a súa identidade competitiva e dar continuidade ao traballo realizado nas últimas semanas. Fóra do Pazo cada encontro esixe máxima concentración, capacidade de adaptación e solidez nos momentos importantes do partido.
Enfronte estará un Grupo Caesa Seguros Cartagena que compite con intensidade na súa pista e que obrigará a manter un alto nivel durante os corenta minutos. Control do ritmo, equilibrio entre ataque e defensa e atención aos detalles serán aspectos clave nun escenario esixente.
O COB afronta o encontro coa ambición de sumar a domicilio e seguir medrando nunha liga que non concede tregua. Un novo reto para demostrar carácter e consistencia.
Podes ver a rolda de prensa de Moncho López a continuación.
VOLVEREMOS, E TI XA ESTABAS