Comeza o concurso de debuxo da campaña “GALEGA 100%”

07 de Abril del 2021
Comparte

O Club Ourense Baloncesto comeza, dende hoxe, o concurso de debuxo para a campaña “GALEGA 100%” en colaboración coa Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia.

O concurso, orientado a nenos e nenas, está encamiñado a facer un ‘slogan’ ou deseño onde teñan cabida, conxuntamente, tanto o noso escudo, como o Logo de Leite Galega. Así mesmo, tódolos nenos e nenas que participen, poderán engadir nos seus debuxos o que eles desexen.

Primará, ademáis do uso dos dous logos, a promoción da alimentación e a vida saúdable relacionada co deporte e en especial co baloncesto.

O premio para os tres gañadores serán camisolas do noso equipo firmada por tódolos xogadores e, cando a situación o permita, todos os participantes estarán convidados a asistir a un encontro do noso clube no Pazo dos Deportes Paco Paz.

Os deseños serán publicados nas redes sociais da nosa entidade e deberán vir asinados coa idade e un teléfono de contacto de cada un dos participantes.

O prazo para a presentación dos deseños será ata o videiro 25 de Abril e deberán enviarse (preferiblemente en formato foto) ao correo info@clubourensebaloncesto.com.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Ver política de Cookies.
Aceptar