Comeza o concurso de debuxo “COB – Indicación Xeográfica Protexida Pan Galego”

15 de Marzo del 2022
Comparte

Dende hoxe e ata o día 24 deste mes, organizaremos o concurso “COB – Indicación Xeográfica Protexida Pan Galego” en asociación coa Axencia Galega de Calidade Alimentaria da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia.

O concurso constará de tres categorías:

  • Nenos e nenas ata 6 anos
  • Nenos e nenas de 7 a 10 anos
  • Nenos e nenas de 11 a 15 anos

Cada categoría, constará de tres premios, cortesía de Grupo Hereda e do noso club, constando de tazas, máscaras, camisetas e alguna que outra sorpresa máis.

As bases para participar son as seguintes:

  • Facernos chegar os vosos debuxos físicamente ás nosas oficinas ou ao mail info@clubourensebaloncesto.com indicando no propio deseño ou correo, o nome, a idade e un teléfono de contacto do participante.
  • Nos debuxos, debénse unir a práctica deportiva e, como non, o “Pan Galego”.
  • Como se indica, facernos chegar os vosos traballos ata o día 24 de marzo.

Dende o club porémonos en contacto cos gañadores para que, no encontro ante Ponferrada do día 26, poidamos darlle os premios no día que, no Pazo, será a festa do “Pan Galego” promocionando o noso equipo ese produto tan especial do que todos os galegos estamos orgullosos.

 

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Ver política de Cookies.
Aceptar