Axúdanos a escoller ao Xogador Estrella Galicia do mes de Decembro

Como é habitual nas últimas campañas, tócavos a vós escoller ao "Xogador Estrella Galicia" do mes.
Dende hoxe e ata o venres, poderedes votar na nosa web polo voso xogador favorito e, ademáis, se comentades nas nosas redes co cancelo #XogadorEstrellaDecembro, poderedes gañar dúas entradas para o encontro que xogaremos o próximo 14 de xaneiro fronte ao Morabanc Andorra.
Os tres candidatos a gañar o premio deste mes son os seguintes:
- Fahrudin Manjgafic
- Fran Pilepic
- Shaun Willett
Votade e escollede ao gañador!