Comeza o concurso de debuxo “COB – Indicación Xeográfica Protexida Pan Galego”

Dende hoxe e ata o día 16 deste mes, organizaremos o concurso “COB – Indicación Xeográfica Protexida Pan Galego” en asociación coa Axencia Galega de Calidade Alimentaria da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia.
O concurso constará de tres categorías:
- Nenos e nenas ata 6 anos
- Nenos e nenas de 7 a 10 anos
- Nenos e nenas de 11 a 14 anos
Cada categoría, constará de dous premios, cortesía da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL) e do Club Ourense Baloncesto.
As bases para participar son as seguintes:
- Facernos chegar os vosos debuxos físicamente ás nosas oficinas ou ao mail info@clubourensebaloncesto.com indicando no propio deseño ou correo, o nome, a idade e un teléfono de contacto do participante.
- Nos debuxos, debénse unir o Club Ourense Baloncesto, as prácticas de vidas saudables e, como non, o “Pan Galego”.
- Como se indica, facernos chegar os vosos traballos ata o día 16 de Febreiro.
Dende o club porémonos en contacto cos gañadores para que, no encontro ante Leyma Coruña do día 18 de febreiro, poidamos darlle os premios no día que, no Pazo, será a festa do “Pan Galego” promocionando o noso equipo ese produto tan especial do que todos os galegos estamos orgullosos.