O Clube Ourense Baloncesto presenta o carnet para mascotas OS AMIGOS DO LOBO

29 de Noviembre del 2023
Comparte

Hoxe tivo lugar a presentación do novo carnet para as mascotas do Clube Ourense Baloncesto na Clínica Veterinaria Valenvet, en colaboracion con Clivet, Disgalsur, distribuidora de alimentos para animais, e as asociacións protectoras de animais Arume e Patrulla Callejera.

A idea proposta por Alex Gómez, Iago Vizcaya e Jorge Mejide e que o clube leva a cabo consiste nun carnet solidario cun prezo de 5 euros dos cales 2 euros van destinados a mercar alimentos para estas dúas protectoras. Ademáis, Disgalsur doará outros 2 euros por cada carnet feito co mesmo fin da marca Belcando para cans e Leonardo para Gatos.

Na rolda de prensa levada a cabo durante a mañá de hoxe, expuxéronse todas as vantaxes que terá este carnet, como, por exemplo, un agasallo a recoller en calqueira das clínicas que Clivet ten na provincia en Celanova, Bande, Ourense e A Valenzá, e tamén un 10% de desconto presentando o carnet de socio do clube. Tamén tivemos a oportunidade de escoitar de primeira man como traballan estas asociacións rescatando e buscando novos fogares e oportunidades a todos os animais abandoados na rúa.

As partes implicadas crearán tamén un banco de alimentos para que toda a xente que queira poda facer unha aportación en forma de doación de alimentos ou diñeiro. Podedes facelo en calqueira das clinicas veterinarias de Clivet na provincia e eles encargaránse de facerllo chegar a Arume e Patrulla Callejera. A recollida de alimentos e doazóns comezará o día 1 de decembro.

O Clube Ourense Baloncesto tamén colaborará activamente coas dúas protectoras tanto a nivel redes sociais coma con actos durante os partidos no Paco Paz.

Estade atentos ás nosas redes sociais nos próximos días xa que haberá novidades e non perdades tempo e facéde socias ás vosas mascotas.

A continuación podedes ver a rolda de prensa da presentación da campaña.

Forza COB

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Ver política de Cookies.
Aceptar