PARTE MÉDICO: JAVI LÓPEZ

Desde o Aircargobooking Ourense queremos informar que o noso xogador Javi López sufriu unha grave lesión no seu xeonllo esquerdo durante a última sesión de adestramento.
Segundo palabras do xefe dos servizos médicos do club, Benito Ramos: “Javi López, trala resonancia realizada, sofre unha rotura completa do ligamento cruzado anterior con afectación no menisco interno do xeonllo esquerdo. Durante os próximos días pasará polo quirófano. É difícil establecer un tempo medio de recuperación pero calculamos que estará ao redor dos 8 meses.”
Desde o club queremos trasladarlle todo o noso apoio e ánimo a Javi nestes momentos complicados. Sabemos da súa forza e determinación, e estamos convencidos de que volverá máis forte.
Ánimo, Javi. Estamos contigo.