WhatsApp Image 2026-08-29 at 15.56.32

Moncho Lopez: «Creo que demos a cara»

O Ourense Baloncesto completou o seu primeiro test de pretempada ante o Oviedo, un rival esixente que a pasada tempada disputou a Final Four. Tras o encontro, Moncho Lopez valorou positivamente as primeiras sensacións do equipo, aínda que recoñeceu que aínda queda moito traballo por diante.

O técnico destacou especialmente a actitude e o compromiso do equipo: «Vin o equipo coa actitude que queremos, loitador, con moita intención de rebote ofensivo e con intención de xogar colectivamente, buscando o mellor compañeiro e o mellor pase».

En defensa, Moncho sinalou os altibaixos propios desta fase de preparación e a necesidade de seguir traballando no coñecemento dos rivais e nos conceptos defensivos.

A principal preocupación do encontro estivo no apartado físico, especialmente pola lesión de Marc García, ademais doutros golpes sufridos durante o partido. «Estaba máis preocupado pola integridade física que polo xogo en si», explicou.

A pesar das dificultades, o adestrador mostrouse satisfeito coa resposta do equipo: «É un test de moita esixencia para nós e creo que demos a cara».

Fotografía .