Chega o Black Friday ao Clube Ourense Baloncesto

22 de Noviembre del 2023
Comparte

Dende o xoves 23 de novembro e ata o martes 28 de novembro, todos os novos abonos para Bancada Xeral e Bancada Pista que fagades terán un 25% de desconto.

Este desconto é para os catro tipos de abono que temos (senior, xoven, infantil e preinfantil) e non é acumulable a outros descontos. Os abonos faranse presencialmente nas oficinas do clube pero poderanse reservar por medio das canles habituais de comunicación (teléfono e correo electrónico).

Non quedes sen o teu abono, aproveita esta oportunidade e ven a desfrutar con nós dunha tempada chea de ilusión porque; UN É UN LOBO E DOUS MIL UNHA MANDA!

FORZA COB

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Ver política de Cookies.
Aceptar