Un peluche, unha entrada e a Operación Kilo de Amencer de cara ao partido contra HLA Alicante

15 de Diciembre del 2023
Comparte

En continuación coa labor social que este ano está desenvolvendo o Clube Ourense Baloncesto queremos anunciar que para o partido do día 20 de decembro contra Alicante, tódalas las persoas que traían un peluche ou 1 kilogramo dun alimento non perecedeiro, recibirán una entrada para poder disfrutar do partido.

Como ben sabedes a Operación Kilo que leva a cabo a Asociación Xuvenil Amencer todos os anos é moi importante para que nestas datas tan sinaladas os fogares menos afortunados poidan desfrutar dun nadal un pouquiño máis levadeiro. É por isto, que o Clube Ourense Baloncesto quere sumarse a esta iniciativa recollendo alimentos na entrada do Pazo o día do partido.

Ademáis, este ano, como novidade, tamén recolleremos peluches que teredes que lanzar no descanso do partido no xogo coñecido como “Tiro ao Lobo” mentres a nosa mascota tentará esquivar todas as peluches lanzadas.  Éstas serán doadas tanto aos nenos máis desfavorecidos de Ourense como aos nenos que este Nadal teñen que pasalo no Complexo Hospitalario de Ourense na visita que os nosos xogadores farán en próximas datas.

Moitas grazas pola vosa colaboración e solidaridade cos que menos teñen.

#COBlabora!!

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Ver política de Cookies.
Aceptar