Santi Paz

 
Comparte
19
  • Posición: Alero
  • Fecha de nacimiento: 11/03/2003
  • Procedencia: Maderas Sorlí Benicarló
  • Redes sociales: -


Santi Paz (Santiago de Compostela, 11 de marzo do 2003) que destacou dende moi novo no ámbito do baloncesto galego, é considerado unha das grandes promesas deste deporte. Cunha altura impoñente e unha habilidade destacable, Paz ten demostrado un enorme potencial tanto en ataque coma en defensa. A súa traxectoria inclúe actuacións sobresaíntes en categorías inferiores, baloncesto de seleccións e chegando a debutar na ACB no ano 2022, o que o converte nunha adquisición estratéxica para o equipo ourensán.

“Santi Paz é un xogador de moitísimo talento e cunha capacidade física ideal para xogar de 3, que é onde queremos que desenvolva o seu xogo como xogador de rotación. Destaco o seu tiro de tres, tanto en posición estática como saíndo do bloqueo. Ademáis tamén pode manexar o balón, e dada a súa xuventude queremos traballar para potenciar estas capacidades, gustariame que fose un 3 grande que desenvolva capacidades de pequeno, de shooting guard” son as primeiras verbas de Moncho sobre Santi Paz.

Na súa última tempada, Santi, mediou 8,5 puntos, 2,1 rebotes, 0,5 asistencias e 0,8 roubos no Maderas Sorlí Benicarló da LEB Prata, onde xogaba cedido por Monbús Obradoiro.

"A fichaxe de Santi Paz é unha mostra clara do noso compromiso co futuro do baloncesto galego e da nosa vontade de integrar xente nova e talentosa no equipo," declarou o presidente do Club Ourense Baloncesto. "Estamos convencidos de que a súa incorporación traerá enerxía e frescura ao noso xogo, e esperamos que medre con nós e contribúa significativamente aos nosos éxitos."

Trayectoria:

Año Liga Equipo Licencia Fch. Alta

Estadísticas Pasadas:

Fase Min Ptos T.2 T.3 T.1 R.O. R.D. As B.R. B.P. T.F. T.C. Mat. F.C. F.R. Val P.
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Ver política de Cookies.
Aceptar