Ben Krikke

 
Comparte
23
  • Posición: Pívot
  • Fecha de nacimiento: 23/03/2001
  • Procedencia: Edmonton Stingers
  • Redes sociales: -


Ben Krikke (Edmonton, Canadá 2001) destaca polas súas impresionantes habilidades no xogo interior e exterior. Cunha altura de 2,06 metros, este pivot de 23 anos trae consigo unha combinación única de forza física, axilidade e precisión no lanzamento cunha facilidade pasmosa para anotar.

Durante a súa carreira universitaria na Universidade de Valparaiso, Krikke converteuse nun dos xogadores máis destacados da liga, demostrando unha capacidade excepcional para anotar tanto dende o perímetro como na pintura mediando 19,4 puntos e 5,9 rebotes por partido demostrando a súa eficacia ofensiva e capacidade para dominar o xogo baixo os aros.

O ano pasado, Ben, destacou en Iowa con actuacións destacables nunha dura conferencia na que aportou 14 puntos e 5 rebotes de media durante a tempada.

Alén das súas estatísticas, Krikke é coñecido pola súa ética de traballo incansable e a súa actitude de equipo, características que sen dúbida contribuirán a fortalecer ao Club Ourense Baloncesto. A súa capacidade para defender a varias posicións e a súa visión de xogo fan del unha peza clave para as estratexias do adestrador.

“Ben Krikke é un xogador interior que pode actuar tanto de 5 coma de 4 con moita consistencia. Formouse en dous excelentes programas como son Valparaiso e Iowa xogando tanto de 5 como de 4 nun baloncesto moi rico conceptualmente e semellante ao que practicamos en Europa. É un xogador xove que vai evolucionar e medrar durante a tempada e que nos permitirá disfrutar de él. É un xogador completo, pode xogar de espaldas a canasta posteando, é un gran pasador, cun gran coñecemento táctico do xogo destacando a súa intelixencia, e tamén xoga moi ben sen balón, sen olvidarnos da súa capacidade física que pode ser un factor moi importante na Primeira FEB pola sua estatura, coordinación e atleticismo” destaca Moncho López da nova incorporación cobista.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Ver política de Cookies.
Aceptar