O Club Ourense Baloncesto informa de que o encontro correspondente aos oitavos de final da Copa España, previsto para esta tarde ante o Palmer Basket no Pazo dos Deportes Paco Paz, queda aprazado debido a unha incidencia técnica no avión que debía trasladar o equipo visitante desde Madrid a Vigo.
Tras coñecer a situación e valorar as distintas alternativas, acordouse, en coordinación coa Federación Española de Baloncesto e o Palmer Basket Mallorca Palma, trasladar o encontro a mañá, xoves 19 de novembro, ás 20:00 h no Pazo dos Deportes Paco Paz.
INFORMACIÓN SOBRE AS ENTRADAS
As entradas adquiridas para o partido previsto inicialmente para hoxe serán válidas para o encontro de mañá. Polo tanto, non será necesario realizar ningún cambio nin solicitar unha nova entrada.
As persoas que non poidan asistir mañá poderán solicitar a devolución íntegra do importe da entrada presentándoa nas oficinas do Club Ourense Baloncesto.
O Club Ourense Baloncesto agradece a comprensión da afección e lamenta as molestias que este aprazamento poida ocasionar.