A Primeira FEB leva mañá ao Cloud.gal Ourense Baloncesto ata Santiago de Compostela, onde ás 20:00 horas se medirá ao Monbus Obradoiro no Fontes do Sar nun novo compromiso ligueiro.
O encontro preséntase como un dos máis esixentes da tempada, ante o actual líder da competición e equipo máis en forma do momento. Un rival que está a marcar o ritmo da liga e que obrigará ao COB a ofrecer unha versión moi sólida durante os corenta minutos.
Máis alá da clasificación, trátase dun derbi galego, un partido sempre especial polo ambiente, pola intensidade e polo que representa para ambos equipos. Este tipo de encontros adoitan decidirse nos detalles, coa máxima igualdade e cun alto nivel competitivo.
O Cloud.gal Ourense Baloncesto afronta o duelo coa ambición de competir ao máximo nivel, manter a súa identidade e responder nun escenario de gran esixencia.
Todo preparado para unha nova noite de baloncesto nun dos pavillóns máis emblemáticos da categoría.
Podes ver a rolda de prensa de Moncho López a continuación.
VOLVEREMOS, E TI XA ESTABAS