DSC_4886web

Martín Fernández, MVP Estrella Galicia do mes de outubro

A afección cobista escolleu a Martín Fernández como MVP Estrella Galicia do mes de outubro, recoñecendo o seu destacado rendemento neste inicio de tempada.

O xogador ourensán está a ser un dos referentes ofensivos do equipo. Durante o mes de outubro asinou unha media de 17,1 puntos por partido, aos que sumou 3,4 rebotes e 0,9 asistencias, cunha valoración media de 18,7 créditos.

Destacou especialmente pola súa eficacia no lanzamento, cun 47,9% en tiros de campo, un 54,5% en triplas e un 80,9% desde a liña de tiros libres.

No seu terceiro ano no Club Ourense Baloncesto, Martín continúa a demostrar a súa importancia no equipo, achegando anotación e traballo en cada encontro.

O xogador quixo agradecer á afección este recoñecemento: «Estou moi agradecido á afección por este premio. Sempre é especial recibir o apoio da xente, especialmente aquí, en Ourense. Quero compartir este recoñecemento cos meus compañeiros e co corpo técnico, porque o traballo diario é de todo o equipo. Seguiremos traballando para darlle alegrías á nosa xente».

Parabéns, Martín, polo teu primeiro MVP Estrella Galicia da tempada.

Photograph .