COMUNICADO OFICIAL (1)

O Pazo abre as portas aos menores de 12 anos federados nos clubs de baloncesto ourensáns

O Club Ourense Baloncesto pon en marcha unha iniciativa para achegar o primeiro equipo aos máis pequenos e fomentar a práctica do baloncesto na cidade e na provincia.

A partir do próximo partido que dispute o COB no Pazo dos Deportes Paco Paz, todos os nenos e nenas menores de 12 anos federados en clubs de baloncesto da cidade e da provincia poderán retirar unha invitación nas oficinas do club para asistir aos encontros do primeiro equipo.

Con esta iniciativa, o Club Ourense Baloncesto quere contribuír a que os máis pequenos se acheguen ao baloncesto, gocen da experiencia de vivir os partidos no Pazo e reforcen o seu vínculo con este deporte.

O COB considera fundamental fomentar a colaboración entre os clubs da cidade e da provincia, compartir experiencias e impulsar accións que contribúan ao desenvolvemento do baloncesto ourensán. Neste sentido, a iniciativa pretende facilitar que os nenos e nenas que xa practican este deporte nos seus clubs poidan tamén vivir de preto a experiencia do primeiro equipo.

O Club Ourense Baloncesto mantén así a súa vontade de colaborar co tecido deportivo ourensán e de explorar novas vías de cooperación que permitan seguir achegando o baloncesto á sociedade.

O Pazo abre as súas portas aos máis pequenos do baloncesto ourensán.

Photograph .