WhatsApp Image 2026-02-10 at 08.37.55

Este sábado o entroido comeza ás 18:00 horas no Paco Paz

Este sábado o Paco Paz vivirá unha tarde diferente. Chega o Movistar Estudiantes… e chega o Entroido.

O Cloud.gal Ourense Baloncesto recibe este sábado ao Movistar Estudiantes nun dos partidos máis atractivos da tempada na casa. Un duelo de máxima esixencia ante un dos históricos do baloncesto español que promete intensidade, ambiente e emoción ata o final.

Pero non será unha xornada calquera.

Ao coincidir co sábado de Entroido e co día grande na cidade, o encontro adiántase ás 18:00 horas co obxectivo de que toda a afección poida desfrutar do baloncesto no Paco Paz e, despois, saír ás rúas de Ourense para vivir a festa.

CONCURSO DE DISFRACES

Ademais, a cita terá un ambiente moi especial co concurso de disfraces organizado polo club. Animamos a todos os cobistas a vir caracterizados e converter as bancadas nun auténtico espectáculo de cor, creatividade e pertenza.

Premios individuais para os mellores disfraces:
– Primeiro premio: palco VIP para un partido.
– Segundo premio: camiseta asinada por todo o equipo.
– Terceiro premio: pack de bufanda + bandeira.

Os gañadores serán escollidos por un xurado composto por membros do Club e anunciados nas nosas redes sociais a semana que vén.

Os premios poden quedar desertos a consideración do xurado.

PREZOS ESPECIAIS

Haberá prezos especiais para quen veña disfrazado: Entrada a recoller/mercar en oficinas

– Maiores de 15: 8 euros.
– Menores de 15 anos: entrada gratuíta.

Queremos un Paco Paz cheo, entregado e, esta vez, tamén disfrazado. Queremos que o equipo sinta o apoio desde o primeiro minuto nun partido que esixirá o mellor de nós.

Este sábado xógase moito máis ca un encontro. Xógase con orgullo. Xógase na casa. Xógase en Entroido.

Primeiro, o partido.
Despois, a festa.

Vémonos ás 18:00 no Paco Paz.

VOLVEREMOS, E TI XA ESTABAS

Fotografía .