O Club Ourense Baloncesto comunica que Gill Romaro non continuará formando parte do noso cadro de xogadores unha vez finalizada a vinculación que unía a ambas as dúas partes.
Con esta despedida péchase unha etapa de tres tempadas nas que Gill foi unha peza fundamental para o noso proxecto, asumindo ademais a responsabilidade de capitán do primeiro equipo. Durante este tempo representou os valores do club con profesionalidade, compromiso e liderado, converténdose nun referente tanto dentro como fóra da pista.
A súa implicación diaria, a súa capacidade para liderar o grupo e a súa entrega en cada adestramento e en cada partido deixaron unha pegada imborrable na historia recente do Club Ourense Baloncesto.
Desde o Club Ourense Baloncesto queremos expresar o noso máis sincero agradecemento polo seu traballo, esforzo e compromiso durante estas tres tempadas.
Desexámoslle o maior dos éxitos nos novos retos que emprenda, tanto no ámbito profesional como no persoal.
Grazas por todo, capitán. Esta sempre será a túa casa.