A Primeira FEB regresa mañá ao Paco Paz ás 19:00 horas. O Cloud.gal Ourense Baloncesto recibe ao Grupo Alega Cantabria nun novo compromiso ligueiro diante da súa afección.
O equipo chega tras dúas derrotas complicadas e afronta o encontro coa intención de dar unha resposta sobre a pista, recuperando sensacións e volvendo a competir ao nivel que esixe a competición. O traballo da semana estivo centrado en axustar detalles e reforzar o xogo colectivo para volver sumar.
En fronte estará un Grupo Alega Cantabria que obrigará a manter a concentración durante os corenta minutos. Un rival que esixe intensidade, disciplina e continuidade para poder dominar o ritmo do partido.
O Paco Paz debe ser, unha vez máis, un factor determinante. O equipo necesita da súa xente para dar ese paso adiante, para empurrar desde o inicio e converter cada acción nun impulso colectivo.
Podes ver a rolda de prensa de Moncho López a continuación.
VOLVEREMOS, E TI XA ESTABAS