A Primeira FEB leva este sábado ao Cloud.gal Ourense Baloncesto ata San Sebastián, onde mañá ás 18:00 horas se medirá ao Inveready Gipuzkoa nun novo compromiso ligueiro.
O equipo ourensán afronta unha nova saída no calendario coa intención de seguir competindo ao máximo nivel nunha liga marcada pola igualdade. Cada xornada supón un novo desafío e o COB continúa centrado en manter a súa identidade e trasladar á pista o traballo realizado durante a semana.
En fronte estará un Inveready Gipuzkoa que chega nun bo momento de forma e que está a mostrar un alto nivel nas últimas xornadas. O conxunto donostiarra converteuse nun rival sólido, obtendo 11 vitorias nos últimos 12 partidos.
O partido preséntase así como unha proba esixente para o Cloud.gal Ourense Baloncesto, que buscará ofrecer unha actuación seria e competir cada posesión nun escenario sempre complicado.
O obxectivo é claro: seguir sumando, manter o camiño do equipo e afrontar o encontro con ambición desde o primeiro minuto.
Podes ver a rolda de prensa de Moncho López a continuación
VOLVEREMOS, E TI XA ESTABAS