O Aircargobooking Ourense enfróntase ao Real Betis Baloncesto no último partido do ano no Paco Paz

19 de Diciembre del 2024
Comparte

O Pazo Paco Paz vivirá mañá, venres 20 de decembro de 2024, un emocionante duelo entre o Aircargobooking Ourense e o Real Betis Baloncesto, dous equipos en plena loita polos postos altos da clasificación. O encontro, programado para as 21:00 horas, supón unha grande oportunidade para o equipo ourensán de consolidar a súa boa tempada ante a súa afección.

O conxunto dirixido por Moncho López chega a esta cita ocupando a sexta posición, con sete vitorias no seu haber, mentres que o Real Betis, cuarto clasificado con nove triunfos, é un rival de moita entidade e esixirá o máximo ao conxunto cobista.

O Betis buscará unha nova vitoria fóra da casa que lle permita non perder de vista as primeiras posicións na clasificación.

O que está claro é que o partido será de vital importancia para ambos conxuntos.

Os xogadores pediron a todos os afeccionados que acudan ao Pazo para apoiar ao equipo neste importante encontro, xa que os seus folgos serán diferenciais no desenvolvemento do partido

Podes ver a rolda de prensa de Moncho López a continuación.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Ver política de Cookies.
Aceptar