Segundo asalto da liga contra o Palmer Basket Mallorca
A liga acaba de comezar e mañá, sábado ás 19:00 horas, o Club Ourense Baloncesto volverá ao Pazo dos Deportes Paco Paz para disputar a segunda xornada da Primera FEB. O rival será o Palmer Basket Mallorca, un equipo novo e con moita ambición que buscará poñernos as cousas difíciles no noso regreso a casa.
Tras o debut en Alicante, o COB quere reencontrarse coa súa xente e sentir de novo o alento da bancada. O Paco Paz debe converterse nun auténtico fortín, no lugar onde a unión entre xogadores e afección marque a diferenza.
O noso equipo chega con fame de vitorias, disposto a competir cada xogada e a seguir medrando como grupo. Enfronte estará un Mallorca que tamén chega con ilusión e talento, polo que se agarda un partido intenso, disputado e cheo de emoción.
Mañá é un día sinalado: os lobos regresan á súa casa. Xuntos, queremos escribir a primeira vitoria da tempada diante da nosa xente.
Podes ver a rolda de prensa de Moncho López a continuación: