O Aircargobooking Ourense quere pechar o ano cunha vitoria no derbi

O Aircargobooking Ourense enfrontarase maña domingo ao Monbus Obradoiro no Fontes do Sar, no partido correspondente á xornada 14 da Primeira FEB.
Ambos equipos chegan ao partido moi preto na clasificación, co Aircargobooking Ourense na sexta posición e o Monbus Obradoiro na sétima cunha vitoria menos.
Os de Moncho López buscarán unha nova vitoria que consolide a súa posición na clasificación e que confirme as boas sensacións do último encontro ante Betis.
Diante terán a un Monbus Obradoiro que chega ao partido con novo adestrador, Felix Alonso, xa coñecido por todos tras adestrar o último ano e medio ao Aircargobooking Ourense, e que tratará que a vitoria quede en Santiago.
O que está claro é que as afeccións dos dous equipos tiñan ganas de este partido, xa que hai días que non quedan entradas e dende Ourense haberá unha mobilización masiva para asistir ao encontro e apoiar ao Aircargobooking Ourense.
Podes ver a rolda de prensa de Moncho López a continuación