Último partido da liga regular no Paco Paz: toca loitar por seguir soñando

02 de Mayo del 2025
Comparte

Este sábado ás 19:00 horas, o Pazo dos Deportes Paco Paz acollerá o derradeiro partido da liga regular para o Aircargobooking Ourense como local. Un encontro clave no que recibiremos ao UEMC Real Valladolid Baloncesto, un rival que tamén chega con todo en xogo.

Para o noso equipo, este partido é unha oportunidade de ouro para seguir soñando co acceso ao play-off. O obxectivo está difícil, pero loitaremos mentres haxa esperanza. Para iso precisamos sumar unha nova vitoria, empurrados pola nosa xente, para manter viva a ilusión dunha tempada que aínda pode dar moitas alegrías.

Pola súa banda, o Valladolid xógase a permanencia na categoría, polo que chega ao Paco Paz coa necesidade de gañar. Isto asegura un duelo de máxima intensidade e con moita carga emocional por ambas partes.

Agardámoste mañá no Paco Paz. Porque o soño aínda está vivo. E porque xuntos, somos o equiPAZO.

Podes ver a rolda de prensa de Moncho López a continuación:

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Ver política de Cookies.
Aceptar