O COB afronta a Copa España con ilusión e vai a por todas. Faite coa túa entrada

14 de Octubre del 2025
Comparte

O vindeiro martes 21 de outubro ás 20:45 horas, o Club Ourense Baloncesto disputará no Paco Paz o seu encontro de Copa España fronte ao Grupo Caesa Seguros Cartagena.

Un novo desafío no que o equipo quere contar, unha vez máis, co apoio da súa afección. Porque cada paso no camiño faise máis forte cando o Paco Paz latexa xunto aos nosos. 

Retirada de entradas

As entradas xa están dispoñibles nas oficinas do Paco Paz.

  •  As persoas que teñan ou merquen a bufanda oficial desta tempada (calquera dos dous modelos) deberán recoller alí a súa entrada gratuíta.
  •  Do mesmo xeito, os menores de 16 anos tamén deberán retirar a súa entrada nas oficinas.

Os prezos para o resto de afeccionados son:

  • Maiores de 25 anos: 8 €
  • De 15 a 25 anos: 5 € 

Desde o club queremos agradecer o apoio dos nosos socios e de toda a xente que nos acompañe neste partido. O equipo está traballando con máxima entrega e ilusión para competir ao máis alto nivel e tentar acadar o triunfo nesta competición.

Porque xuntos somos máis fortes. 

VOLVEREMOS, E TI XA ESTABAS

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Ver política de Cookies.
Aceptar