O COB recibe no Paco Paz a un Gipuzkoa en dinámica gañadora

19 de Diciembre del 2025
Comparte

A Primeira FEB continúa este sábado ás 19:00 horas no Pazo dos Deportes Paco Paz, onde o Club Ourense Baloncesto afronta un novo compromiso ligueiro diante da súa afección ante o Inveready Gipuzkoa Basket.

O COB regresa á casa coa intención de seguir facéndose forte no Paco Paz e manter a liña de traballo das últimas xornadas, nun escenario no que o equipo atopa un plus competitivo grazas ao apoio das bancadas.

En fronte estará un Inveready Gipuzkoa que chega a Ourense nun bo momento de resultados, tras encadear catro vitorias consecutivas, un dato que reflicte o seu nivel de confianza e regularidade. Un rival esixente que obrigará ao COB a manter a máxima atención e intensidade durante os corenta minutos.

O encontro terá tamén un marcado carácter solidario coa celebración da chuvia de peluches. Todos os nenos e nenas menores de 10 anos que acudan cun peluche poderán recoller a súa invitación nas oficinas do club, sumándose así a unha iniciativa pensada para combinar deporte e solidariedade.

O partido preséntase como unha nova proba na que será clave a intensidade e o compromiso colectivo. Para iso, o equipo precisa do apoio da súa afección, chamada a converter unha vez máis o Paco Paz nun factor decisivo.

Podes ver a rolda de prensa de Moncho López a continuación:

VOLVEREMOS, E TI XA ESTABAS

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Ver política de Cookies.
Aceptar