O Pazo vivirá unha nova Chuvia de Peluches solidaria

18 de Diciembre del 2025
Comparte

O encontro deste sábado non será un partido calquera no Pazo. Como xa é tradición cada Nadal, o Club Ourense Baloncesto celebrará o seu Partido Solidario, unha cita na que o baloncesto vai da man da solidariedade.

Durante o descanso do encontro terá lugar unha iniciativa que xa se converteu nun clásico destas datas tan especiais: a Chuvia de Peluches. Unha acción que levamos realizando nos dous últimos anos e que, grazas á implicación e á xenerosidade da nosa afección, acadou un gran éxito.

Desde o club animamos a toda a familia do COB a participar levando ao pavillón un peluche novo ou en bo estado para lanzalo á pista no descanso do partido.

AVISO IMPORTANTE – ENTRADAS

Todos os nenos e nenas menores de 10 anos que acudan cun peluche poderán retirar unha invitación gratuíta nas oficinas do Club Ourense Baloncesto. Un pequeno xesto solidario que terá recompensa e axudará a facer deste partido unha xornada aínda máis especial.

VOLVEREMOS, E TI XA ESTABAS

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Ver política de Cookies.
Aceptar