O COB quere pechar o ano ante Alimerka Oviedo da mellor forma posible

27 de Diciembre del 2025
Comparte

O Club Ourense Baloncesto xoga mañá ás 12:30 horas no Palacio dos Deportes de Oviedo ante o Alimerka Oviedo Baloncesto, no que será o último compromiso do ano.

Tras dúas xornadas sen sumar, o equipo chega á cita coa intención de recuperar sensacións e ofrecer unha resposta sólida, apoiándose no traballo da semana e no compromiso colectivo para competir nunha pista esixente.

En fronte estará un Oviedo intenso, con capacidade para castigar dende o perímetro e con ritmo alto de xogo, un perfil que obrigará ao COB a estar especialmente atento en defensa e a tomar boas decisións nos momentos clave.

O encontro preséntase como unha oportunidade para despedir o ano cunha imaxe competitiva, nun partido que esixirá concentración, solidez e personalidade durante os corenta minutos.

Podes ver a rolda de prensa de Moncho López a continuación:

VOLVEREMOS, E TI XA ESTABAS

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Ver política de Cookies.
Aceptar