O Cloud.gal Ourense Baloncesto lanza a campaña de socios da segunda volta

12 de Enero del 2026
Comparte

O Cloud.gal Ourense Baloncesto pon en marcha a súa campaña de socios da segunda volta da tempada, coa vista posta en manter o espectacular ambiente vivido no último derbi ante o Obradoiro e trasladalo a todos os encontros que restan como locais no Paco Paz.

A segunda metade da liga presenta dez partidos decisivos na casa, dez citas nas que o club quere contar co máximo apoio da súa afección para seguir facendo do Paco Paz un auténtico fortín. O ambiente do último encontro, no que máis de 5.000 persoas encheron as bancadas, é o exemplo do camiño a seguir nesta segunda volta, na que o equipo loitará por cumprir o obxectivo de acadar os playoffs.

A campaña aposta por unha proposta clara, sinxela e con prezos moi asumibles, adaptados a todos os públicos e idades, co obxectivo de facilitar a incorporación de novos socios nesta segunda metade da tempada.

Prezos dos abonos da segunda volta

Sénior

  • Central / Pista / Esquinas: 100 €
  • Fondos: 85 €

Xove (15–25 anos)

  • Central / Pista / Esquinas: 50 €
  • Fondos: 40 €

Infantil (5–14 anos)

  • Central / Pista / Esquinas: 25 €
  • Fondos: 20 €

Preinfantil (2–5 anos)

  • Central / Pista / Esquinas: 12 €
  • Fondos: 10 €

Mantense tamén un desconto familiar do 20 % para o segundo membro e posteriores, co obxectivo de favorecer a asistencia das familias ao pavillón. A campaña de socios da segunda volta arrinca este martes, 13 de xaneiro.

Desde o club faise un chamamento especial a toda aquela afección que xa acode de maneira habitual ao Paco Paz sen ser socia, para que dea o paso e se sume ao proxecto nesta fase decisiva da tempada.

Non se trata só dunha campaña de abonos, senón dunha aposta por implicar á cidade, á súa afección e aos propios socios, animándoos a convidar amigos, familiares e compañeiros a formar parte dunha experiencia que vai máis alá do baloncesto. Porque cando o Paco Paz empurra unido, o equipo sente o apoio… os resultados chegan.

VOLVEREMOS, E TI XA ESTABAS!

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Ver política de Cookies.
Aceptar