A Primeira FEB regresa este sábado ás 19:00 horas ao Pazo dos Deportes Paco Paz, onde o Cloud.gal Ourense Baloncesto recibe ao HLA Alicante nun novo compromiso ligueiro ante a súa afección.
O equipo chega tras dous encontros consecutivos contra Flexicar Fuenlabrada que non tiveron o resultado desexado. A resposta agora pasa por recuperar sensacións, reforzar a solidez colectiva e volver facer do Pazo un escenario determinante. O grupo é consciente de que a mellor maneira de reaccionar é competir con constancia, intensidade e carácter durante os corenta minutos.
Enfronte estará un HLA Alicante con recursos e experiencia, un rival que esixe concentración máxima desde o salto inicial. Haberá que controlar o ritmo, coidar os detalles e manter a disciplina en ambos lados da pista para optar á vitoria.
O sábado é unha nova oportunidade para dar un paso adiante diante da nosa xente. O Paco Paz debe volver empurrar, facer sentir a presión e converter cada acción nun impulso colectivo. Queremos voltar sumar na casa. Queremos reencontrarnos coa vitoria xunto á nosa afección.
Podes ver a rolda de prensa de Diego Gómez a continuación.
VOLVEREMOS, E TI XA ESTABAS