O equipo ourensán visita este mércores o Pavelló Joan Busquets, ás 20:00 horas, nunha eliminatoria a partido único na que non poderá contar con Martín Fernández nin Marc García.
O Club Ourense Baloncesto afronta este mércores os dezaseisavos de final da Copa España ante o TQ-CB Prat, coa intención de conseguir unha praza nos oitavos de final.
Moncho López advertiu da esixencia do encontro ante un rival que destaca polo seu dinamismo ofensivo, o seu físico e a experiencia de varios dos seus xogadores. O técnico incidiu na importancia de adaptarse ao cambio de competición e manter a concentración desde o inicio para afrontar un partido no que non hai marxe de erro.
O COB chegará á cita coas baixas de Martín Fernández e Marc García, pero coa ambición de competir pola clasificación e deixar atrás a derrota da última xornada ante o HLA Alicante.
Podes ver a rolda de prensa de Moncho López a continuación.