WhatsApp Image 2026-06-04 at 13.14.14 (1)

O COB presenta o IV Basketcamp COB-BBALL.

O Club Ourense Baloncesto presentaron este xoves 4 de xuño, na sala de prensa do Pazo dos deportes PacoPaz, a cuarta edición do campus de baloncesto Basketcamp COB-BBALL, onde se explicaron os puntos mais importantes sobre o campus.

A rolda de prensa contou coa presenza do Responsable delegado do cumprimento e seguimento dos ODS e da Axenda 2030 da Deputación de Ourense en representacion da mesma, Jorge Pumar; do Presidente do Club Ourense BaloncestoDiego González Regueira; así como de Isaac Vázquez, xogador do Club Ourense Baloncesto, e de Diego SearaCoordinador da canteira do COB-BBALL.

Durante o acto púxose en valor a importancia que ten a canteira tanto para o equipo como para a cidade , un proxecto asentado tras varios anos de traballo continuo que segue medrando tempada tras tempada. Para esta nova edición contase con horarios que facilitaran a conciliación familiar, contando con atención temprana para os nenos a partir das 08:30h media hora antes do inicio do campus dando por finalizada a xornada as 14:00h .

Ademais cóntase coa participación de invitados especiais para os rapaces como é neste caso, Isaac Vázquez, referente ourensano na súa traxectoria deportiva ou Paula Ginzo, actual xogadora da Selección Española de Baloncesto.

Deste xeito, dase a oportunidade a rapaces e rapazas que estén entre os anos de nacemento 2018 e 2009, a coñecer referentes do baloncesto, ou inclusive a probar o deporte e optar a posibilidade de entrar na canteira de cara a vindeira temporada.

Dende o Club Ourense Baloncesto agradeceuse o apoio da Deputación de Ourense pola súa implicación, así como compromiso e participación no evento.

Podes inscribir o teu fillo/a ao campus a través do seguinte enlace ao formulario: FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN AO CAMPUS , e solicitar información así como solventar as dúbidas perinentes a traves do seguinte email: cantera@clubourensebaloncesto.com

Podes ver a rolda de prensa a continuación:

Fotografía .